Novo Viveirazo para Marzo
Xa temos data para o novo Viveirazo. Será a fin de semana do 10, 11 e 12 de Marzo.
A organización está a pensar, xa que estamos en épocas de entroido e carnavalada, se darlle a festa un aliciente máis e convertila en unha festa de disfraces. A ver que vos parece esto, e se queredes propor algún tipo de temática (60's, 70's, ....), moito mellor.
Evidentemente estamos abertos a calqueira tipo de proposta para o Viveirazo. Xa sabedes que calqueira actividade lúdico-festiva é sempre benvida.
Ante a asistencia das últimas edicións, pedimos a xente que confirme se vai poder ou non acudir a esta nova cita cultural. Así poderemos invitar a outra xente que non acudiu os Viveirazos e están desexando vir.
O correo para todo esto é viveirazo [arroba] gmail [punto] com (o poño así para que non me machaquen co correo basura).
Nada máis. Unha aperta a todos os Viveiristas. Vivan os Viveirazos !!

0 Comments:
Post a Comment
<< Home