Thursday, February 16, 2006

Novo Viveirazo para Marzo

Xa temos data para o novo Viveirazo. Será a fin de semana do 10, 11 e 12 de Marzo.

A organización está a pensar, xa que estamos en épocas de entroido e carnavalada, se darlle a festa un aliciente máis e convertila en unha festa de disfraces. A ver que vos parece esto, e se queredes propor algún tipo de temática (60's, 70's, ....), moito mellor.

Evidentemente estamos abertos a calqueira tipo de proposta para o Viveirazo. Xa sabedes que calqueira actividade lúdico-festiva é sempre benvida.

Ante a asistencia das últimas edicións, pedimos a xente que confirme se vai poder ou non acudir a esta nova cita cultural. Así poderemos invitar a outra xente que non acudiu os Viveirazos e están desexando vir.

O correo para todo esto é viveirazo [arroba] gmail [punto] com (o poño así para que non me machaquen co correo basura).

Nada máis. Unha aperta a todos os Viveiristas. Vivan os Viveirazos !!

Saturday, November 12, 2005

Xa están as fotos


Como podedes ver ó lado, xa colgamos as fotos do pasado Viveirazo.

Para velas todas so tedes que seguir a ligazón que aparece debaixo da ristra de fotos. Seguro que xa o imaxinades, pero non teñen desperdicio.

Xa no Flickr (que para os que non saibades é unha páxina web para compartir fotos) podedes facer comentarios as fotos. Eu recoméndovos probar unha ligazón que pon "Viveirazo's tag". Alí veredes quen e que cousas son as que aparecen nas fotos e en que cantidade.

O que teña algunha difcultade ou queira comentarme algo, mandade un correo a danicerqueiro (arroba) gmail (punto) como. Unha aperta a todos.

Viva o Viveirazo !!


Este é o espazo para todos os que disfrutamos dos Viveirazos.

O primeiro paso será colgar parte das fotos que fixemos na última festa. Xa vos avisarei cando eso sexa así.

Nada máis. Unha aperta a todos.